A Sección de Literatura de Tradición Oral propúxonos unha nova polafía, neste caso a carón do Camiño de Santiago, no Parladoiro de Arqueixal (Santiago de Albá, Palas de Rei), onde nos acolleron con moito agarimo. Bateuse o récord de duración dunha polafía dado que foron case tres horas e media de programa variado, con intervencións de moita calidade que van xerar un bo número de pezas de vídeo a catalogar.
Albá é un lugar do rural case deshabitado, como case todos, pero que é o centro do proxecto Son d'aldea, unha inciativa modelo que se debería exportar a outras galegas.
 
Memorias (con historias) da Ulloa
Coas intervencións de:  
- Fernando García Penas
 - Afonso García Penas
 - Xusto García Castro
 - María José Gómez Alvite
 - Carlos Vázquez García
 - Toño Núñez
 - Lois Pérez
 
Música: Recreación do Antroido e homenaxe a Ramiro Villamor "O gaiteiro de Santo Xusto"
- J. Manuel Miguélez
 - Eusebio Varela
 - Roberto Balboa
 - Carlos e Jaime Villamor
 
Organizou a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. 
Patrocinaron Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, e CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos)

		
