Pode ver os vídeos das Polafías na Sección de Literatura de Tradición Oral desta mesma web.
O sábado 13 de novembro de 2010 tivo lugar a polafía de Maceda que co lema "Portadores de tradicións" contou coa asistencia de 80 persoas.
Interviron Jorge (antigo albardeiro que nos falou do seu oficio xa extinguido); Carme, Teresa e Lola (que nos contaron lendas e algún conto); Ambrosio ( falou da historia do Santuario da Nosa Señora dos Milagres de Monte de Medo e das súas lendas); José María Parente (contou un conto); Isidro Novo (lendo varios poema de diferentes autores ourensáns),
O apartado musical estivo a cargo do grupo de pandereteiras Debanadoira e compoñentes da Banda de Gaitas de Maceda.
Tivo unha duración aproximada de 1 hora e 45 minutos.
Recitou poemas Isidro Novo
Agradecemos a José Luis Rodríguez as fotos achegadas e que figuran na galería fotográfica desta actividade.