Pode ver os vídeos das Polafías na Sección de Literatura de Tradición Oral desta mesma web.
A polafía de Moaña resultou a máis longa das celebradas ata agora. Case tres horas, cunha asistencia de entre 75-80 persoas.
Interviron moitos e moitas, e moi ben, con contidos moi variados: Xavier Blanco (música), Manuel Iglesias (xoguetes e instrumentos de antes), Sra. Modesta (sucedidos); Manuel Uxío (as músicas e festas de antes); Soledad Ríos (lendas de Moaña; Claudia e Jorge (baile “A Redonda”); X. Vázquez Pintor (poesía); O Caramuxo (pregos e historias de cordel); Xosé Manuel Millán (poesía); X. Villaverde Román (memoria das lendas de Moaña); Antía Cal (mulleres emprendedoras); Isidro Novo (poena de Uxío Novoneyra).
Colaboraron: Asociación Lonxa Literaria, Escola Municipal da Música Tradicional e Concello.de Moaña