21 de xuño de 2026
Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña
Foto da actividade

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

O presente roteiro foi guiado por Susana Sanches Arins. En palabras da autora: "Faremos um passeio imaginário pola tradição oral e a sua diversidade: cantos, lendas e contos."

Tivo lugar  o domingo 21 de xuño, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída foi a Praza de Santa Bárbara, con asistencia gratuíta e sen inscrición previa.