Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
O presente roteiro será guiado por Xoán Abeleira. O autor comenta o seguinte sobre a proposta: "Canda el percorreremos algúns enclaves emblemáticos do barrio no que vive dende hai décadas, Monte Alto; lugares que foron e seguen a ser senlleiros tanto na historia da Coruña como na súa propia andaina artística e persoal. Convidamos a todas e a todos a compartir esta rolda poética e musical, animado con textos e cancións do autor, que sen dúbida nos deixará ben gratas lembranzas."
Terá lugar o sábado 28 de novembro de 2026, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a porta principal do Cemiterio de Santo Amaro. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.

