4 de outubro de 2026
Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

O presente roteiro será guiado pola poeta Ana Ramil. En palabras da autora: "Dende a coiraza do Orzán ata a praza das Bárbaras, o pulso da península desbócase e amaina ao compás da nosa marcha."

Terá lugar o domingo 4 de outubro de 2026, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será o Paseo Marítimo da praia do Orzán, á altura da Avenida Barrié de la Maza, número 19. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.