25 de outubro de 2025
Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña
Foto da actividade

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

Nun exercicio de nostalxia autorreferencial, Antonio M. Fraga guiaranos por algúns dos espazos polos que transitan as personaxes da súa novela Askja. Lembraremos A Coruña de comezos do milenio a través varios locais (algúns dos cales xa non existen) e cruzaremos o espello para coñecer os seus reflexos mitolóxicos en Islandia.

 

Terá lugar o sábado 25 de outubro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será diante da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (Rúa Pelamios, 1). Non é necesaria inscrición previa.

 

 


Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.