8 de xuño de 2024
Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña
Foto da actividade

O Roteiro O Papagaio sen chave e sen tempo (Un paseo a carón de Luísa Villalta) foi guiado por Maribel Longueira e Francisco Xosé Fernández Naval.

Tivo lugar o sábado 8 de xuño, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída foi na Rúa Papagaio, 20.

As persoas interesadas deberon inscribirse previamente enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome e apelidos, así como o nome do roteiro. A inscrición foi realizada por orde cronolóxica de recepción das mensaxes.

 

 

 


Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.