No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2024, tivo lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
A participación nos paseos foi libre e gratuíta, non sendo precisa inscrición previa. O punto de saída en todos eles foi a carpa principal da SELIC, na Quintana.
O programa de Paseos Literarios foi o seguinte:
Escenarios de Compostela
Paula Carballeira
Data: 12 de xuño, 16:30 h.
Compostela en pegadas moradas. Historias de escritoras contadas na cidade
Arancha Nogueira
Data: 13 de xuño, ás 16:30 h.
Paseo Crime en Compostela, que levou o público polos escenarios da novela de Carlos Reigosa que cumpre 40 anos e polos espazos do xénero negro da cidade.
Mario Regueira
Data: 15 de xuño, ás 16:30 h.
Paseo Crime en Compostela, que levou o público polos escenarios da novela de Carlos Reigosa que cumpre 40 anos e polos espazos do xénero negro da cidade.
Mario Regueira
Data: 16 de xuño, 16:30 horas.