Do 9 de decembro de 2023 ao 22 de decembro de 2023
Unha iniciativa da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Ribeira
Foto da actividade

O Roteiro Literario por Ribeira, co título Os camiños do mar, guiado por María Xesús Blanco, forma parte desta iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto completo deste roteiro pode descargarse aquí.

O roteiro presencial previsto vai ter lugar o venres, sexta feira, 22 de decembro, a partir das 17:00 horas, tendo como punto de saída a Praza do Concello de Ribeira.

Agradecemos que a inscrición, libre e gratuíta, se faga previamente enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando o nome deste roteiro, así como o nome e apelidos da(s) persoas(s) interesada(s) en participar como público. Hai un total de 30 prazas dispoñíbeis.

 

 

 


 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.