Do 29 de maio de 2022 ao 4 de xullo de 2022
Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra
Foto da actividade

Un ano máis, volveron as rutas literarias organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), en colaboración coa Deputación de Pontevedra. O seu obxectivo foi dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas autoras e autores, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas ambientadas nos diversos espazos da provincia de Pontevedra.

Todos os percorridos fixéronse a pé, a partir das 11:30 horas.

Houbo 25 prazas para cada un deles. As inscricións (máximo de 2 roteiros por persoa que se inscriba) fixéronse mediante un formulario na web da Deputación de Pontevedra.
 

Os roteiros foron os seguintes:

- Vigo. 29 de maio. Ana Abad de Larriva. Roteiro polo Vigo teatral a través do tempo. De 11:30 a 13:00. Partida: Porta do Sol. Xa tivo lugar.

- A Estrada. 5 de xuño. Xoán Carlos Garrido Couceiro. Manuel García Barros, o escenario da súa pluma insubmisa. De 11:30 a 13:00. Partida: Casa do Concello. Xa tivo lugar.

- Pontevedra. 19 de xuño. Elena Gallego Abad. CITA na Pontevedra de tinta e pedra. De 11:30 a 13:00. Partida: Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA).

- Cuntis. 26 de xuño. Héitor Picallo: O Baño (Cuntis), unha vila de augas e de letras. De 11:30 a 13:00. Partida: Praza das Árbores.

- Bueu. 3 de xullo. Míriam Ferradáns. Darse en auga. Os versos do azul. De 11:30 a 13:00. Partida: Biblioteca Torrente Ballester.