No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2021, tivo lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
No desenvolvemento desta actividade aplicáronse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.
O programa de Paseos Literarios foi o seguinte:
Compostela de ficción: illas e carruseis na cidade novelada. Berta Dávila.
Domingo 12 de setembro, 12:00 h.
Punto de partida: Biblioteca Ánxel Casal.
Festina lente, canteiros e impresores en Compostela. Marcos Calveiro.
Luns, segunda feira, 13 de setembro, 17:00 h.
Punto de partida: Arco de Mazarelos.
As pedras non esquecen. Andrea Barreira.
Martes, terza feira, 14 de setembro, ás 17:00 h.
Punto de partida: Alameda de Santiago, xunto á estatua de Maruxa e Coralia.
Paseando coas Marías. Carlos Labraña.
Domingo 19 de setembro, ás 12:00 h.
Punto de partida: Alameda de Santiago, xunto á estatua de Maruxa e Coralia.