Os Paseos pola Coruña Literaria constitúen unha iniciativa para coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.
Xa tiveron lugar:
- Sábado 23 de marzo: Antonio Manuel Fraga. Un bestiario en Oza.
O bestiario científico de Anxos Nogueirosa evoca a lembranza do pretérito soñado. É un libro que nace da fascinación por un lugar, o antigo Sanatorio Marítimo de Oza; e por un tempo, o período no que albergou colonias escolares. É, tamén, un encontro coas persoas que o transitaron, que o viviron para despois contalo. Neste paseo entretecéronse a ficción e a memoria; o papel e o territori
- Sábado 30 de marzo (a partir das 12:00 h.): Lucía Aldao. Todo isto antes era noite (coruñesa). Inscrición desde o luns 18 de marzo.
O bo dos libros de poemas é que adoitan ofrecer numerosas lecturas, case tantas coma lectoras hai. Á poeta non lle queda outra que aceptalas e agradecelas todas, pero pode que nalgunha ocasión lle dean a oportunidade de contar a súa versión, a súa propia lectura do mapa. Chegado ese momento pode, incluso, que decida contar a verdade.
- Sábado 27 de abril (a partir das 12:00 h.): Eli Ríos. DX ou a Elviña de 2030. Inscrición desde o luns 15 de abril.
Seguindo as liñas de DX fíxose un roteiro no que se camiñaron os espazos físicos da novela. Ademais, viaxouse ata a noitevella de 2019 para descubrir que agocha o futuro. Unha viaxe espazo-temporal na Chousa do Cura.
- Sábado 11 de maio (a partir das 12:00 h.): Xurxo Souto. Da Casa do Remo á illa do Paraíso. Inscrición desde o luns 29 de abril.
Desde a Cidade Vella, cara á contorna da Torre agárdanos a rocha dos Macallás. Un reencontro -e ás veces descuberta- de xeografías moi próximas, para atopármonos, alén de Chiruca, con outras moitas mulleres do Mar: Laura Coído, da Casa do Remo; a redeira Anónima Maragota, ou a serea negra, Mamí Watá.