A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) colabora no recital poético-musical en homenaxe á escritora, poeta e actriz Elisa Lucinda, que terá lugar o 24 de setembro de 2026, ás 19:00 horas, na Casa do Taberneiro (Rúa San Pedro, 15), en Santiago de Compostela, con entrada libre até completar capacidade.

O programa é o seguinte:

- Recital poético:
Andrea Nunes Brións
Cesáreo Sánchez Iglesias
Daniel Asorey
Elisa Lucinda
Jakson Renner Rodrigues Soares
Luiza Fernandes

- Música ao vivo con:
Leka Denz
Sérgio Tannus