
O domingo 10 de maio ás 12:00 horas, tivo lugar un acto polo Día das Letras Galegas diante do Teatro Rosalía. Esta actividade, organizada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, chamou a ler a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, dedicado neste 2026 a Begoña Caamaño, xornalista, escritora, activista en defensa da lingua galega.
A parte musical púxoa o Dúo Acordeireta, formado por Patricia González Iglesias e Alejandro Balbuena Ojea, que interpretaron temas de creación propia xunguida ás raíces e textos de poetas: Rosalía de Castro, Manuel María, Florencio Delgado Gurriarán, Xela Arias…
Mais non hai mellor homenaxe a unha escritora que (re)ler a súa obra e iso é foi que animamos para ese domingo 10 de maio. O público puido escoller previamente o texto de Begoña Caamaño que máis lle gustase e foi participar nesa lectura colectiva. As persoas que non leron non tiveron que inscribirse.


