A Polavila DoCampo é unha homenaxe pública e itinerante ao mestre e escritor Xabier P. DoCampo, que ten lugar cada ano nunha provincia e cidade distinta, por volta do 5 de abril, coincidindo coa data do seu nacemento.
Este ano tivo lugar a segunda edición, que se celebrou o 3 de abril no Pazo de San Marcos. Deputación de Lugo, na cidade de Lugo.
O Programa fiu o seguinte:
- 19:00-19:15 horas. Apertura da Polavila.
- 19:15-19:45 horas: Lectura pública e continuada de textos de Xabier P. DoCampo, en especial da novela A nena do abrigo de astracán, a cargo das súas amizades.
- 20:00- 22.00 horas: Gala Polavila DoCampo 2025, no salón de actos da Deputación de Lugo.
Conducida por Lois Pérez e Antonio Reigosa.
Contou coa presenza de Pepe Coira e Paco Martín.
Escoitáronse os poemas de Mans na voz de Daniel Puente Bello, ao que seguiron as voces das poetas Beatriz Dourado, Marica Campo e Xosé Miranda.
Rematou a gala cunha rolda de contos de Ana Carreira, Celso Sanmartín e Benxamín Otero.
A música correu a cargo da cantora Xiana Lastra, acompañada doutra integrante d'A banda da Loba e Benxamín Otero.
Organizada pola Iniciativa Polavila Docampo, a Deputación de Lugo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración de da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e ProLingua.