Foto da actividade

Bonito pra chover é un Festival de arte e cultura brasileira en Santiago de Compostela, con diversas actividades que terán lugar durante o mes de outubro de 2025.

Do 20 ao 26 de outubro de 2025 Santiago acollerá a fusión de culturas galega e brasileira: o II Festival Bonito Pra Chover. O festival é unha homenaxe a Galiza, adoptada como casa propia. O presente a compartir será a arte que desborda o Brasil chegando á Galicia. Como na primeira edición no 2024, en outubro Compostela vai ter chuvia de poesía, música, cine, imaxes diversas, sabores e encontros que o Bonito Pra Chover traerá á cidade.

O festival rende homenaxe á riqueza cultural que entrelaza acentos e historias das dúas bandas do océano. Bonito Pra Chover reflicte esta pluralidade. En 2024 estiveron presentes distintos estados do Brasil: Ceará, Roraima, Rio de Janeiro e Tocantins. Nesa segunda edición, ampliamos e a maiores recibimos representantes de Bahia e Minas Gerais.

O Bonito Pra Chover trae a Galicia un Brasil que non se ve nos titulares, senón que pulsa en cada recuncho, coas súas cores, voces e sabores. Serán distintas expresións e ámbitos culturais, dende a música á poesía ou o cinema, nesa semana iremos cantar, bailar, recitar e ver o cinema brasileiro. Tamén provaremos a súa gastronomía, compartindo coa Galicia un Brasil diverso. Así que agardamos encher Santiago de arte para mergullalo nos matices culturais do Brasil.

Máis que un evento, Bonito Pra Chover é unha oportunidade para coñecer. Unha invitación ao intercambio entre culturas irmás, un abrazo cálido que estende as mans de Galiza ao Brasil e viceversa. O programa variado e atractivo trae unha axenda inescusable para quen queira sentir, escoitar e degustar esta unión cultural. Estamos seguros de que cada evento ha ser unha celebración dese encontro feito de artistas, pobos e desexos.

 

Programación:

- 21 e 22 de outubro

II Mostra de Cinema Brasileiro en Santiago de Compostela.
Proxección das películas: Corisco e Dadá, Mãe e Filha, Pequenos Guerreiros, e Mais pesado é o céu.
Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Organizado en colaboración co Siará+, primeiro streaming dedicado ao audiovisual cearense, iniciativa da Secretaria da Cultura do Ceará (Secult), Cineteatro São Luiz e Instituto Dragão do Mar (IDM), co apoio técnico e de licenciamento do Instituto Tamanduá Synapse Cultural.

 

- 23 de outubro

Recital poético-musical na Casa do Taberneiro.
Horario: 18:00.
Participación musical: Bartira Fortes, Léo Pinheiro e Viny Brasil.
Organizado en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), co apoio de CEDRO.

 

- 24 de outubro

Concertos de Bartira Fortes e de Viny Brasil.
Lugar: Sala Moon.
Horario: a partir das 21:00 horas

 

- 26 de outubro

Concerto de Léo Pinheiro.
Lugar: Sala Moon.
Horario: a partir das 19:00 horas.

 

- Do 20 de outubro ao 26 de outubro.

Rota de tapas brasileiras nos restaurantes: TS A Casa, O Dezaseis e O Piorno.

Para máis detalles sobre o evento, horario completo e información adicional sobre os artistas, visite a web e siga o Instagram.

 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) colabora no recital poético-musical que terá lugar o 23 de outubro de 2025, ás 18:00 horas, na Casa do Taberneiro (Rúa San Pedro, ), en Santiago de Compostela, con entrada libre até completar capacidade.

O programa previsto é o seguinte:

Leituras de textos do poeta brasileiro Eliakin Rufino:
Cesáreo Sánchez Iglesias
Diana Kurich
Luiza Fernandes

- Música ao vivo con:
Bartira Fortes
Léo Pinheiro
Viny Brasil

 

O resto de actividades do Festival poden consultarse nesta ligazón.