Proxecto realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua
Foto da actividade

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), neste proxecto realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, ofrece máis de vinte e cinco pezas audiovisuais en que escritoras e escritores len fragmentos significativos das súas obras, continuando, deste xeito, as gravacións levadas a cabo en 2021.

Deste xeito, facilítase o acceso directo de toda a cidadanía á creatividade da literatura galega e promóvese a súa dinamización e visualización no ámbito dixital, en especial nos usos no ensino.