Do 22 de outubro de 2024 ao 29 de outubro de 2024
A AELG colabora con esta actividade da Universidade da Santiago ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua

Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.

Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.

Tiveron lugar estes tres encontros:

- O 22 de outubro, de 16:00 a 19:00 horas, na Aula 14 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: O tratamento do espazo na Literatura Infantil e Xuvenil galega, con Ánxela Gracián.

- O 28 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas, na Aula 52 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: O álbum ilustrado e a animación á lectura na LIX galega, con Carmen Ferreira.

- O 29 de outubro, de 19:00 a 20:30 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Escribir coa memoria prestada: a influencia da literatura oral galega na Literatura Infantil e Xuvenil, con Ánxela Gracián.