O 18 de outubro, ás 19:00 horas, na Casa dos Poetas de Celanova (Rúa Manuel Curros Enríquez, 37), tivo lugar un encontro literario con Anxo Angueira, que xirou arredor da súa edición da Poesía reunida de Xosé Luís Méndez Ferrín. O acto foi guiado por Xoán Carlos Dominguez Alberte, coordinador da actividade. A entrada foi libre e gratuíta, até completar capacidade.