27 de outubro de 2023
Actividade organizada pola AELG, coa colaboración da Fundación Curros Enríquez, Concello de Celanova, Deputación de Ourense e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia

O 27 de outubro, ás 19:30 horas, na Casa dos Poetas de Celanova (Rúa Manuel Curros Enríquez, 37), tivo lugar un encontro literario con Anxo Angueira, no marco da actividade Os camiños da poesía. O acto foi guiado por Xoán Carlos Dominguez Alberte, coordinador da actividade. A entrada foi libre e gratuíta, até completar capacidade.