Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se puideron levar a cabo no seu formato habitual anterior.
Estivo orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
Tiveron lugar estes tres encontros:
- O 24 de outubro, de 12:30 a 14:00 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Teatro escolar: Da escrita á representación. Lecturas dramatizadas, con Carlos Labraña.
- O 25 de outubro, de 12:30 a 14:00 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Os estereotipos femininos da narrativa oral á Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), con Carmen Ferreira.
- O 25 de outubro, de 19:00 a 20:30 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Teatro escolar: Da escrita á representación. Lecturas dramatizadas, con Carlos Labraña.
As actividades foron presentadas por Marta Neira Rodríguez.