En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística
Foto da actividade

Ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) ofrece máis de cen pezas audiovisuais en que escritoras e escritores len fragmentos significativos das súas obras.

Deste xeito, facilítase o acceso directo de toda a cidadanía á creatividade da literatura galega e promóvese a súa dinamización e visualización no ámbito dixital, en especial nos usos no ensino.

Os vídeos van ser subidos ás respectivas videotecas das autoras/es da web da AELG, e xa poden ser consultados nesta ligazón da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.