Do 8 de novembro de 2021 ao 9 de novembro de 2021
A AELG colabora con esta actividade da Universidade da Santiago ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística

Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, que neste 2021, debido á situación derivada da pandemia pola Covid-19, non se puido levar a cabo no seu formato habitual, ao igual que en 2020.

Están orientadas á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.

Tiveron lugar dous encontros con Antonio García Teijeiro baixo o título A poesía ten que quedarse a vivir nas aulas.

O primeiro deles foi o luns 8 de novembro, entre as 12:30 e as 14:00 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

O segundo tivo lugar o 9 de novembro, entre as 19:00 e as 20:30 horas, no mesmo emprazamento.

As dúas actividades foron presentadas por Marta Neira Rodríguez.