A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) comezou en 2020 a primeira fase do proxecto de realización do Libro Branco de Escritoras-es en Lingua Galega.
Este ambicioso proxecto consta de varias fases. En 2020 comezamos o camiño, do que publicamos aquí o Informe de resultados das enquisas realizadas na primeira fase, que foi completado por dous informes xurídicos, un sobre Dereitos, obrigas e relacións das escritoras e escritores coa Administración Pública, e outro sobre Obra literaria e propiedade intelectual, elaborados pola asesora xurídica da AELG, Ania González Castiñeira, e que poden ser descargados e consultados aquí. En relación con estes informes xurídicos adicionais, agradecemos que, de facerse mención dos seus contidos mediante citas, extractos ou publicación de fragmentos dos mesmos, sexa recollida a acreditación da súa autoría, en recoñecemento ao traballo realizado pola asesora xurídica.
Durante 2021 a AELG continuou traballando na segunda fase de elaboración do Libro Branco, que se pode consultar nesta ligazón. Neste sentido, damos a coñecer publicamente un novo informe elaborado por Ania González Castiñeira, sobre Boas prácticas na convocatoria de premios literarios, e que pode ser descargado e consultado aquí, ao igual que esta Análise das principais dúbidas xurídicas das escritoras e escritores en 2021, que tamén pode descargado e consultado nesta ligazón.
En 2022 a AELG avanzou na terceira fase de elaboración do Libro Branco, que pode ser consultado nesta ligazón. Damos a coñecer publicamente un novo informe de Ania González Castiñeira, consistente nunha Análise legal e xurídica da situación das persoas adicadas profesionalmente á escrita desde unha perspectiva de xénero, e que pode ser descargado e consultado aquí. Adicionalmente, damos a coñecer estes informes de xénero sobre o Libro Branco elaborados por María Reimóndez, que pode ser descargado aquí, e Carme Adán, que pode ser descargado aquí.
A AELG promove a realización deste Libro Branco, contando co patrocinio da Deputación da Coruña e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO).
Adicionalmente, a asesora xurídica da AELG elaborou un informe sobre as repercusións para escritoras e escritores da aprobación do Real Decreto Lei 1/2023, de 10 de xaneiro, que tamén pode ser descargado e consultado aquí.
En 2024, Ania González Castiñeira elaborou un Informe ampliado de boas prácticas na convocatoria de premios literarios, que pode ser descargado e consultado aquí.