Unha iniciativa da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra

A AELG celebrou o seu 40 aniversario en 2020. Como forma de recoñecemento e homenaxe ás persoas que sustentaron a asociación en todo o camiño andado, levamos adiante, en varias fases, un documento audiovisual onde se pode escoitar na súa voz ás/aos protagonistas desta andaina.

En 2020 comezamos os traballos, dos que se pode ver aquí unha mostra representativa, xa dispoñíbel para toda a cidadanía. Durante este 2021 a AELG continuará traballando na segunda fase de elaboración do audiovisual, tendo previsto estrear o traballo definitivo en Pontevedra.