Do 7 de abril de 2020 ao 21 de xuño de 2020
Coa colaboración da AELG
Foto da actividade

O 13 de novembro, ás 18:00 horas, tivo lugar o acto de entrega de premios da décima edición de Inspiraciencia. Neste ano fíxose por streaming desde a canle da Residència d'Investigadors de Barcelona.

 

  • A AELG colabora habilitando prazas para as persoas gañadoras nos Obradoiros da súa Escola de Escritoras e Escritores.

 

Os textos gañadores na modalidade de lingua galega foron os seguintes:

Adulto

- Primeiro premio: Suiseki, de Daniel Pereira Fernández.

- Finalista: A estrutura molecular do xeo dun transformador, de Pedro Rodríguez Villar.

Xuvenil

- Primeiro premio: O campo de espigas, de Paula Domínguez Barreiro.

- Finalista: As cores, de Diego Parada Burés.

 

Máis información aquí.

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.

As bases do concurso foron estas (descarga aquí o pdf)