Esta actividade enfocouse como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, que neste 2020, debido á situación derivada da pandemia pola Covid-19, non se puido levar a cabo no seu formato habitual.
Están orientadas á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
O mércores 25 de novembro, entre as 17:30 e a as 19:00 horas, Paula Carballeira pronunciou a conferencia "Contar contos para espantar os medos", a través da Plataforma Lifesize (sala 8), no enderezo https://call.lifesizecloud.com/5291154
A actividade foi presentada por Marta Neira Rodríguez.