28 de setembro de 2019
Unha iniciativa da AELG co apoio da Secretaría xeral de Política Lingüística. En colaboración co Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa
Foto da actividade

Na súa estadía en Lisboa Carlos Labraña ofreceu unha conferencia con formato de conversa aberta con título Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza. Foi o sábado 28 de setembro, ás 19.00 na Fábrica Braço da Prata.