Do 16 de maio de 2019 ao 19 de xuño de 2019
Coa colaboración da AELG
Foto da actividade

 

 

 

 

A IX edición do certame Inspiraciencia de relatos de inspiración científica xa ten gañadoras-es.

  • O Aquarium de Donosti en colaboración co Centro de Física de Materiais CSIC/EHU acolleu o 6 de setembro de 2019 o acto de entrega de premios do xurado e do público, cun total de 377 relatos que participaron na presente edición do concurso.
  • ​A AELG colabora habilitando prazas para as persoas gañadoras nos Obradoiros da súa Escola de Escritoras e Escritores; así mesmo, propuxo unha persoa para o xurado, Pura Salceda.

 

Estes foron os relatos nas categorías xuvenil e adulto en galego, resultando gañadores e finalistas os seguintes:

 

Xuvenil

Relato gañador: “(Pa)ciencia”, de Carlota Díez Herrero.

Relato finalista: “A fantástica formación da Lúa”, de Sandra Rodríguez Macía.

 

Adulto

Relato gañador: "Gedankenexperiment”, de Agustín Agra Barreiro.

Relato finalista: “A linguaxe secreta dos xardíns”, de Puri Covelo Abeleira.

 

 

Máis información, aquí.

Vexa aquí a galería fotográfica do acto de entrega de premios.

 

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica, unha invitación á cidadanía para pensar e imaxinar a ciencia desde a creación literaria. O seu obxectivo é fomentar o achegamento ao pensamento científico a través da escritura.

Inspiraciencia non é só os relatos. Máis aló do concurso, organízanse charlas, talleres, exposicións, propostas para a aula, lecturas, etcétera para profundar nas variadísimas relacións e hibridaciones entre ciencia e literatura.

 

Estas foron as Bases