Unha fábula? Non! É Rosalía!
Reinterpretada, revisitada, e reinventada constantemente durante os máis de 180 anos que leva entre nós, Rosalía de Castro converteuse na verdadeira heroína da nosa cultura e como tal o Festival Rosalía quere celebrar a súa vixencia e importancia co Festival Rosalía, iniciativa da Deputación da Coruña, na que a AELG colabora, que conmemora o centenario da inauguración do monumento a Rosalía de Castro da Alameda de Santiago.
- O venres 29 de setembro ás 21:00 realizarase o primeiro evento do Festival, unha gala con poesía e música no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dirixida por Avelino González e presentada por Lorena Conde, contará coas actuacións de Uxía & Sérgio Tannus & Santi Cribeiro, Najla Shami, Abe Rábade & Nastasia Zürcher e Xiana Lastra Pernas & Andrea Porto, a participación de Rosalía Fernández Rial, Marta Dacosta, Cesáreo Sánchez Iglesias e Anxo Angueira, e cunha convidada sorpresa moi especial. Entrada gratuíta, previa retirada de convite no Teatro Principal, de martes a sábado en horario de 18:00-21:00 h. (máx. 4 entradas por persoa).
- O sábado día 30 de setembro, terá lugar a feira de produtos coa "marca Rosalía", coa participación dunhas vinte empresas que fabrican camisolas, bixutería, cervexa, sacas, libros ou discos coa escritora como protagonista. O mercado rosaliano instalarase na Praza de Cervantes e estará aberto de 11 a 20 horas. A Banda Municipal de Santiago inaugurará a feira en que, ao longo da xornada programaranse actuacións do grupo Habelas Hainas e a compañía de Larraitz Urruzola con música e monicreques arredor de Rosalía
Colaboran: Concello de Santiago, Fundación Rosalía de Castro e Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Vexa aquí o informe de prensa para a presentación do Festival Rosalía, que tivo lugar o 18 de setembro en Compostela: