O Convivio da Cultura Galega tivo lugar o sábado 12 de xullo durante todo o día en Outeiro de Rei da Terra Chá. Naceu como un espazo de encontro e intercambio aberto á participación de todo o asociacionismo de base, organizado desde a Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.
Trátase dun encontro para compartir experiencias, gozando ao tempo dalgunhas das máis significativas paisaxes que conforman o espazo físico orixinario del Manuel María. Outeiro de Rei, o lugar que hoxe acolle a Casa-Museo que alberga todo o seu legado e proxecta a súa vida, obra e pensamento a todo o noso pobo, quixo ser tamén unha forma de o homenaxear.

Créditos da Fototeca da actividade:
A primeira das fotografías foi extraída da web da Asociación Cultural e Musical Solfa; as demais son da autoría de Xoán Costa.