Dada a amábel conxuntura de que estándomos no ano no que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas ao guitiricense Xosé María Díaz Castro, é tamén no 19 deste mes de febreiro cando se cumpre o centenario do seu nacemento, dende esta Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co apoio e colaboración do Centro Pen Galicia e a Asociación Cultural Xermolos, convidamos a todas as asociadas e asociados ao acto poético-floral que por ese secular motivo se celebrará no camposanto de San Xoán de Lagostelle ás cinco da tarde, coa intención de que sexa o preludio dos moitos recoñecementos que neste ano e nos que sigan reciba o autor chairego.
Localización da Igrexa parroquial de San Xoán de Lagostelle
A Asociación Cultural Xermolos ten programadas estoutras actividades: