6 de decembro de 2014
No Aulario, ás 17.00 horas.
Foto da actividade

 Comisión Xestora actual da Sección de Crítica da AELG, coa intención de visibilizar a súa existencia e dinamizar as súas actividades, decidiu propor un encontro onde se lles dese voz a diferentes persoas, pertencentes ou non á propia Sección pero representantes da práctica da crítica literaria galega en diferentes plataformas, medios e xéneros. Culturgal foi o espazo que acolleu esta mesa redonda que contou coa participación de cada unha das persoas convidadas para logo abrirse ao debate co público asistente.

As persoas que foron convidadas a expor as súas experiencias no ámbito da crítica desde as súas particulares perspectivas foron

  • Lara Rozados, representante da plataforma dixital de crítica literaria feminista A Sega.
  • Montse Pena Presas, como especialista en crítica de literatura infantil e xuvenil e colaboradora no “Faro da Cultura”
  • Mario Regueira, crítico literario en Sermos Galiza.
  • Roberto Pascual, como representante da crítica teatral e colaborador en numerosas revistas teatrais.

O papel de moderador e presentador correspondeulle a Ramón Nicolás, coordinador da Sección de Crítica da AELG.