O 31 de xaneiro comezamos a espallar pola rede o Calendario profesional do libro e da lectura 2014, preparado en man común pola Asociación Galega de Editores e pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Unha peza informativa, deseñada por Fausto Deseño Asociados, que pretende axudar todas as persoas do sector do libro en Galicia (autores-as, editores-as, libreiros-as, bibliotecarios-as, profesorado…) na súa tarefa de organización e mellora da coordinación das súas actividades de promoción do libro e da lectura.
Ademais das efemérides de referencia para todo o sector, aparecen no calendario as datas das feiras do libro de Galicia e de feiras internacionais do libro nas que participa a edición galega, así como as actividades principais promovidas pola AELG e AGE.