18 de abril de 2013
Coa colaboración da Secretaría xeral de Política Lingüística
Foto da actividade

O Centro de Estudos Galegos de Cáceres, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), ofrece unha nova conferencia na Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres.

Mario Regueira e Lorena Souto presentarán en Cáceres os relatorios “Literatura galega, unha literatura política” e “Resistir hoxe: Novos panoramas na poesía galega actual” nos que, ademáis de facer un percurso histórico polos diferentes períodos, recitarán versos propios e doutros autores/as da nosa literatura.
 
A conferencia terá lugar no día 18 de abril às 12h00, no laboratorio 2 da Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres.
 
Vexa aquí o cartel.