

Programa
18:00-18:45 Obradoiro de paraugas pintados
(No adro do Museo de Belas Artes da Coruña)
Xuntarémonos para decorar paraugas con motivos mariños e lugrisáns cos que logo percorreremos as rúas coruñesas.
19:00-19:45 A arribada do mural
(No Museo de Belas Artes da Coruña)
Recepción poética do mural de Urbano Lugrís "Vista da Coruñá 1830, de Urbano Lugrís", que o Museo de Belas Artes exhibirá por vez primeira ao público ese día para solaz de todas e todos nós.
20:00-21:00 Manifestación atlántica e surreal
(Museo de Belas Artes - Praza José Sellier)
Cos paraugas decorados abertos e desde o Museo de Belas Artes da Coruña a praza Sellier (Rúa Real, Obelisco, Cantóns. Rúa Estrela, Rúa Manteleria, Rúa Santo André e Praza Sellier) percorrendo algúns dos lugares da vida do gran artista do mar, visitando os murais que se conservan e o grafiti que fai un ano fixo Outón na rúa Manteleria.
21:00-22:00 A habitación do vello mariño
(Praza José Sellier)
Recital artísitico na memoria do Noso Señor Lugrís.
Convídase a todas as persoas a participar en calquera ou todos os actos organizados para ese día.
Acudan cos seus paraugas, pinturas, buguinas, vieiras e o espíritu morno e mítico da obra de Urbano Lugrís.
Medre o mar!