Escritores/as da comarca Terra de Celanova-Baixa Limia no centenario de Celso Emilio
Foto da actividade
Organizan a  Biblioteca do IES de Celanova e a Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova – Baixa Limia
Colaboran a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Fundación Celso Emilio Ferreiro.
 
Lugar de celebración: Biblioteca do IES de Celanova
Datas: mércores, 20 de xuño (10.45-12.25) e xoves, 21 de xuño (19.00 en diante)
 
 
Exposicións 
Celso Emilio Ferreiro. Letras Galegas 1989 (IES de Celanova)
     Elaborada no I.B. Celso Emilio Ferreiro no curso escolar 1988-1989
Descubrindo a Xocas (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” - Bande)
     Libro feito polo alumnado de Educación Infantil
O foxo do lobo das Covateiras (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” - Bande)
     Maqueta elaborada a partir do libro de Davide Pérez Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular
Moais do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande)
Os ollos das palabras
     Exposición de obra gráfica de Baldo Ramos
 
 
Presentacións 
Mostra bibliográfica Escritores da comarca Terra de Celanova - Baixa Limia (IES de Celanova)
     Inauguración da mostra permanente de fondos dos escritores da comarca
Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor
     Presentación do libro conformado por textos orixinais de corenta e cinco autores vivos da comarca, editado pola Librería Conde, de Celanova
 
Audiovisuais 
A miña palabra preferida é... (CEIP Curros Enríquez – Celanova)
     Vocábulos escollidos polo alumnado, presentes na obra de escritores de Celanova
Celanova ten un vento (CPR Sagrado Corazón – Celanova)
     Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro
A máis fermosa roseira (CEIP Rogelio García Yáñez - Ramirás)
     Versión de poemas de Lois Antón Pérez e de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Loa ao porco bravo (CEIP San Marcos – Cartelle)
     Versión dun poema de Henrique Feixó
Letras do val do Limia (IES Aquis Querquernis - Bande)
     Audiovisual sobre os escritores da bisbarra da Baixa Limia
Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo (IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia)
     Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL)
Ás veces fáltannos palabras (IES de Tomiño)
     Versión plurilingüe dun poema de Baldo Ramos, elaborada polo EDLG
 
 
Recitais 
Recital musicado dos poemas “Nai”, “Soldado” e “Moraima”, de Celso Emilio Ferreiro (IES de Celanova)
Interpretación musical dos poemas “Bande” e “María Soliña”, de Celso Emilio Ferreiro (IES Aquis Querquernis – Bande)
 
 
Intervencións 
Celso Emilio Ferreiro fai cen anos
     Palabras de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro
Escritores da Terra. Terra de escritores
     Lectura, a cargo do presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, dun manifesto elaborado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
A palabra dos nosos escritores
     Lectura de textos de autores da comarca de Terra de Celanova – Baixa Limia
 
Propostas 
Proposta do IES de Celanova para pasar a se denominar IES Celso Emilio Ferreiro