Martes 30 de outubro no Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira, Pontevedra) ás 19:30
Foto da actividade

Convidámoste a participar nunha actividade na que a AELG colabora e que se enmarca no amplo programa do Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador”. 

Presentamos unha mesa redonda con título “Cercando as ondas. Que significa ser poeta en … (Finlandia, Cataluña, Croacia, Islandia, Eslovenia, Letonia e Galiza)”, a celebrar o martes 30 de outubro no Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira, Pontevedra) ás 19:30, como foro aberto dirixido a todos os escritores/as, docentes de literatura, editores/as, tradutores/as e persoas interesadas na escrita poética do noso e doutros territorios. 

Para iso contaremos coa presenza de sete poetas de recoñecido prestixio en lingua finesa, croata, rusa, catalá, islandesa, eslovena e galega -cuxas biografías podedes consultar aquí-, e así achegarnos á realidade poética e autorial desoutros sistemas literarios, e tamén para que os e as convidadas teñan a ocasión de coñeceren máis de perto o tecido cultural do noso país e tomar contacto cos nosos públicos. 

Para facilitarmos a organización do evento, de carácter aberto, agradecemos que nos confirmes a túa asistencia antes do 29 de outubro nos contactos habituais da nosa oficina técnica: