11 de xuño de 2011
A AELG amadriña este acto que pretende reivindicar para Blanco Amor o lugar que lle corresponde na nosa literatura.
Foto da actividade

 Blanco Amor é recoñecido como un dos nosos máis lúcidos escritores clásicos, autor dunha obra literaria completa e innovadora desde o punto de vista técnico e lingüístico, que, no entanto, non sempre foron argumentos sólidos para evitar certa marxinalidade do autor en vida.

 
12:00 | Relatorio: Bieito Iglesias. Profesor, tradutor e xornalista, é autor de novelas e relatos fundamentais no último decenio, galardoados, entre outros, co Premio García Barros, o Premio da Crítica ou o Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil.
 
13:00 | Proxección audiovisual (45’). Produción propia da Asociación de Escritores en Lingua Galega (A.E.L.G) que se estrea neste ciclo, como mostra da visión poliédrica dunha serie de escritores/as e estudosos/as sobre o universo literario de Blanco Amor.
Presentan: Cesáreo Sánchez Iglesias, poeta e presidente da A.E.L.G. e Mercedes Queixas Zas, profesora, ensaísta e crítica literaria, así como secretaria xeral da A.E.L.G.
 

 
Inscricións
•Inscrición libre e gratuíta no teléfono 881 979 010 ou na web www.cidadedacultura.org. Até completar aforo.
•O prazo límite para inscribirse conclúe 24 horas antes do comezo de cada sesión. O período de inscrición abrirase un
mes antes da data de celebración da sesión.
•A inscrición será efectiva unha vez que a persoa solicitante reciba confirmación por parte da organización. Para acceder
ás sesións é preciso mostrar copia impresa da confirmación no punto de información da Biblioteca de Galicia.
 
Visitas guiadas
As persoas inscritas poderán realizar unha visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia unha hora antes do inicio de
cada sesión (11:00 AM).
 
Hora e lugar das sesións
 
Todas as sesións realizaranse na Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura) e comezarán ás 12:00 AM. A hora prevista
de remate oscilará entre as 14:00 e as 14:30, dependendo da duración das actuacións artísticas. Ao concluír cada sesión servirase un viño galego por cortesía das Bodegas Martín Códax.
 
Accesos á Cidade da Cultura
 
•Servizo de buses lanzadeira desde o Multiusos do Sar a partir das 10:30 AM e cunha frecuencia de 10 minutos. O autocar
regresará ao punto de partida ao finalizar cada sesión.