Do 2 de abril de 2011 ao 3 de abril de 2011
Dende a AELG, continuando co especial compromiso con esta cita, quixemos participar na iniciativa, que trata de dar pulo e visibilidade á cultura que se fai en Galiza e en galego. Unha festa/feira onde teñan cabida as artes escénicas, as novas tecnoloxías, o audiovisual, o libro, a música...
Foto da actividade

 A Concellaría de Cultura da Coruña organizou unha alternativa da cultura galega que comunmente estamos a construír: o foro ACHEGARTE, que se celebrou no Palexco da cidade da Coruña os días 2 e 3 de abril.

En ACHEGARTE estiveron presentes con stand propio empresas, asociacións profesionais e institucións que impulsan a creación cultural en Galiza nos diferentes sectores da industria cultural.
 
Deste xeito, dende a AELG, coa colaboración dos seus socios/as, organizou as seguintes actividades dentro da feira e no propio espazo que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega tivo no ACHEGARTE:
 
1.- Gravacións en vídeo de autores e autoras soci@s da AELG:
Que contaron o proxecto de creación ou investigación que nese momento estaban a realizar ou que remataron recentemente, gravación que queda rexistrada en cadanseu espazo virtual dentro do Centro de Documentación da web da AELG.
 
2.- Participación no espazo "Lecturas compartidas":
No recinto da Feira houbo un espazo dende o que @s escritores/as da AELG leron, recitaron ou contaron, coa idea de que ao longo dos dous días de duración de Achegarte sempre estivera presente a a figura do escritor, da escritora, e da súa palabra. Compartiron as súas lecturas:
 
Alberte Suras
Lucía Novas
Pedro Fernández Núñez
Estíbaliz Espinosa
Cesáreo Sánchez
Estíbaliz Espinosa
Marcelino F. Mallo
Yolanda Castaño
Alberte Momán
Olga Patiño
Carlos Callón
Eduardo Estévez