Foto da actividade

 Asinaron a acta de constititución o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda; o representante do Consello da Cultura Galega Francisco Díaz-Fierros; o reitor da Universidade de Santiago, Juan José Casares; o seu homónimo da Universidade da Coruña, José María Barja; o presidente do PEN Galicia, Luís Tosar, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez. Formaron parte igualmente da mesa constituínte, ademais do alcalde e a concelleira de Cultura muxiáns, os tamén patróns e promotores da idea Viki Rivadulla, Rivadulla Corcón, Xesús Sambade, Manuel Vilar, Arturo Suárez, e Miro Villar.

Na súa intervención, o rexedor, Félix Porto, tras agradecer a colaboración e participación de todos, mostrou o seu compromiso para poñer en valor o patrimonio muxián". Asegurou que, como decía López Abente, "eu tamén quero navegar nesa nave que hoxe parte...".
O vicepresidente da Fundación, Rivadulla Corcón, e a secretaria, Viki Rivadulla, adiantaron os obxectivos e actividades iniciais da entidade, entre os que estarán o dignificar a figura do escritor, publicar a súa obra, así como elaborar unha unidade didáctica nos centros de ensino do concello, e crear os que se denominarán Roteiros Abentianos.
Da laudatio encargouse o escritor ceense Miro Villar, quen fixo un longo repaso pola vida e obra do que fora membro da Real Academia Galega.