17 de maio de 2010
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, como entidade integrante da plataforma "Queremos Galego" apoia e convida a asistir á manifestación do vindeiro luns, 17 de maio.
Foto da actividade

 

 A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que forma parte da Plataforma "Queremos Galego", contará con pancarta propia na manifestación convocada para o vindeiro luns 17 de maio, ás 12 da mañá, e que partirá da Alameda de Santiago de Compostela.

A AELG convida os seus Socios/as, e en xeral a todos os escritores e escritoras en lingua galega, a sumarse a esta manifestación tras a pancarta da Asociación, que estará na entrada da Alameda.

Podedes ver a lista de autobuses dispoñíbeis e os contactos para solicitar praza neles en:

http://queremosgalego.org/