A AELG, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, participa no programa.

A segunda edición da ‘Residencia de escritoras/es galegas/os’ traerá á Universidade de Bangor a aclamada novelista, tradutora literaria e activista galega María Reimóndez. A súa estadía no norte de Gales dará comezo o 1 de marzo e rematará o 31 do mesmo mes, e pretende servir de axuda á  autora nunha serie de proxectos variados (tanto creativos como de  investigación), ademais de lle proporcionar a oportunidade de estabelecer contacto con comunidades e persoas relacionadas co mundo das culturas  galesa e británica.

Vexa aquí o programa.