Eva Moreda acudiu a Istambul en representación da literatura galega

Eva Moreda participou na Comisión C, Literatura na Era Dixital, xunto con outros 20 escritores de diversos países europeos. A súa intervención centrouse nas vantaxes e desafíos que os medios dixitais supoñen para as literaturas e linguas minorizadas, centrando a análise no caso galego. Outros dos temas que se tocaron nesta comisión foi a redefinición das relacións entre autores e editores e autores e lectores, e a ameaza da censura en Internet por parte dos gobernos.

A seguir, unha crónica de Eva Moreda para anosaterra.org:


Un parlamento de escritores para esculcar o futuro

Coñecerse e debater ao redor da idea de literatura e dos retos que para os autores de hoxe en día supoñen os novos xeitos de comunicarse. Eis parte do que se falou no Parlamento de Escritores de Istambul, unha das iniciativas da celebración da cidade turca como Capital Europea da Cultura.

(03.12.2010) "Non hai Europa". Así dicía o primeiro borrador da declaración do Parlamento de Escritores Europeos, presentado o 27 de novembro en Istambul despois de dous días de conversas e debates entre os participantes, 99 escritores de 33 Estados europeos.

“Está ben como título dun poema”, di a croata Alida Bremer ao tomar a palabra na quenda de réplica. “Pero non nunha declaración”. Portugueses, británicos, islandeses, irlandeses tamén se mostran sorprendidos. E o que se cadra é máis sorprendente é algo que ninguén menciona: que a inexistencia de Europa se declare xustamente en Istambul, a cidade que se ve a si mesma como unha pérola engastada entre Asia e Europa, a capital de facto dun país que leva medio século querendo ser europeo e soportando decepción tras decepción.

Non é a proclamación da inexistencia de Europa o único que exalta os ánimos. Tampouco senta moi ben a afirmación de que as fronteiras políticas, lingüísticas, relixiosas, ideolóxicas, non deben ter ningunha importancia para o escritor. Utópico? Inxenuo? O primeiro borrador da declaración inclúe tamén unha tímida condena aos Estados que lle poñen fronteiras á liberdade de expresión. Varios escritores falan para pedir que a condena se faga máis contundente, máis explícita. Un nome soa varias veces: V.S. Naipaul.

Naipaul, o premio Nobel nacido en Trinidade de ascendencia india e nacionalizado británico, debía ser un dos convidados de honra deste Parlamento. Poucos días antes do comezo do evento, varios representantes turcos ameazaron con retirar a súa participación se Naipaul acudía. A razón: as declaracións do premio Nobel sobre o Islam hai case dez anos. Finalmente, o propio Naipaul decidiu non asistir. “Eu non lamento que Naipaul non estea aqui”, di a turca Cihan Aktaş. O madrileño Javier Montes lamenta que a condena da censura non se extenda á censura imposta polo mercado, ou ás diversas formas de autocensura. Por un momento, semella que a declaración vai tomar o camiño máis fácil.

No borrador final da declaración, Europa segue existindo e as condenas ás limitacións da liberdade de expresión se ven concretadas en “o que pasou recentemente en Turquía”. Tamén se engade un parágrafo sobre a necesidade de apoiar as linguas e literaturas minoritarias e minorizadas. As fronteiras, xa que logo, existen, pero, segundo advirte a declaración, poden superarse coa axuda da tradución. Tamén existe Europa, pero o Parlamento de Escritores Europeos aspira a cambiarlle a cara: a tradución e outras estratexias, di a declaración, axudarán a transgredir a xerarquía entre centro e perifería e crear unha nova paisaxe literaria.

 

Dinosauros, 'nerds' e o autor como primeiro narrador

Presentarse voluntario para unha comisión sobre literatura na era dixital e despois dedicarse a falar do moito que a un lle gusta o olor da tinta é un pouco como participar nun foro internacional sobre a política aérea de Europa e despois dicir que un prefire ir a pé. A italiana Tiziana Colusso non dá nomes, pero non é difícil recoñecer na súa intervención varios dos escritores que falaron antes ca ela nunha das comisións do Parlamento: a de literatura na era dixital.

Vénme á memoria outra reunión de escritores na que os autores galegos facían sistematicamente o papel de nerds, debatendo con igual habilidade sobre dereitos de autor na era do e-book ou sobre as posibilidades de Twitter, ante o escepticismo ou a indiferenza dos seus colegas doutros sistemas literarios. En Istambul, non obstante, estou contenta de non ser a vangarda.

No bando dos nerds, Ola Larsmo téndelles unha man aos fieis do papel coa súa teoría dos dinosauros. Ao contrario que os dinosauros, conta Larsmo, o libro en papel non se extinguirá. Sexa o que sexa o que vai substituír o libro tradicional, terá que ser moi semellante a un libro.

Aínda que o de literatura dixital semelle moderno, en realidade non o é. A internet xa leva escribindo a súa historia 15 anos e xa se aprenderon algunhas leccións. A primeira delas, que a internet non é unha inmensa páxina en branco na que calquera pode escribir o que queira. Fálase do Gran Firewall chinés, das detencións de bloggers en Irán. O irlandés William Wall advirte do potencial da internet para convertirse na plataforma última de control social: as redes sociais fannos poñer no ciberespazo cada vez máis e máis cousas de noso. O turco Kaya Genç propón volver ao anonimato e renunciar aos dereitos de autor para evadir a censura e os intentos de control.

Pero se cadra as intervencións que suscitan máis interese son as que falan de nós propios como escritores, do que significa ou significará ser escritor na era dixital. Que senso ten dicir “son escritor” nunha era en que calquera pode escribir un poema, un relato, e publicalo na internet? No futuro, propón Pat Kane, de Escocia, pode ser que o autor non sexa outra cousa que o lead narrator, o narrador principal ou primeiro narrador, o facilitador dun fluxo narrativo e poético que parte e lle vai dar á masa de escritores-lectores.


Ao final do encontro, os escritores de todas as comisións reuníronse para preparar o manifesto que se inclúe ao final desta noticia. Destaca o terceiro parágrafo, no que se lle dá un apoio explícito ás literaturas e culturas minorizadas, e se resalta a importancia da tradución e a necesidade de apoios institucionais para a mesma: 

 
27 November 2010
 
We have all, as writers, come to the European Writers' Parliament in Istanbul to focus on literature as a means of broadening our world. We share the belief that literature is a place where different viewpoints meet and clash in the most constructive way – within written texts and in dialogue between their authors. In the context of the rising tide of intolerance in the world, in Europe and in Turkey, we regret that the participation of V.S. Naipaul was made impossible.
 
ISTANBUL 2010 DECLARATION
 
• The freedom of all types of cultural and literary acts is vital. Every direct or indirect barrier preventing freedom of expression should be abolished. Powerful institutional and civil society support should be mobilized to prevent violence and threats to freedom of expression.
• All practices that hinder freedom of publishing should be eradicated; all methods of oppression against writers, translators and publishers should be opposed including the use of penal codes and laws to harass and intimidate writers, such as has happened in Turkey and elsewhere in Europe.
• Linguistic oppression is unacceptable. Everyone should be free to express themselves in the language of their choice. Methods should be devised to transgress the hierarchy between centre and periphery. Minority languages and "minor" languages must be supported and translation into and out of these languages must be funded. The role of translation is of the utmost importance in determining the literary landscape. Translation is essential for cross border literacy. New sources of funding must be sought and existing ones protected.
• Measures should be taken to produce and make accessible non-mainstream, independent works of literature. Literary genres at the risk of extinction should be protected. Policies should be generated to prevent the standardization of expression and promote biblio-diversity.
• Digital media is essential for freedom of thought and expression. The digital media is a potential sphere of democratization. We oppose government surveillance and censorship strategies aimed at limiting the free flow of information and ideas. New ways should be found to access high quality information and to preserve authors' rights.
• Political, ethnic, religious and national boundaries should not present an obstacle to the writer. We support cultural diversity and exchange.