O libro En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova reclama o uso público do mosteiro foi presentado o xoves, 21 de outubro, ás 20.00, na Sala Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, A Coruña), con presentación de Xoán Carlos Domínguez Alberte, coordinador do volume.
Leron textos Olga Patiño, Diana Varela, Mercedes Queixas, Xulio L. Valcárcel, Lino Braxe, Cesáreo Sánchez Iglesias, Paco Souto e Francisco X. Fernández Naval
Edita: ToxosOutos e A Plataforma En defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova.