Presentación do vídeo
“Antón Patiño, Percorridos Na Memoria”:
Homenaxe a Antón Patiño
A AELG e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizaron unha homenaxe a este libreiro, editor, pintor e poeta, grande activista cultural de fondo sentimento galeguista e republicano. No acto presentouse o vídeo “Antón Patiño, Percorridos Na Memoria”, que foi realizado durante o Roteiro celebrado o día 1 de abril de 2005 polos lugares de memoria do autor de “Memoria de ferro”.
A AELG, en colaboración de CRMH, e coa asociación “Ollo de Vidro” de Alexandre Bóveda, homenaxearan naquela data ao veciño do barrio da Silva, na súa compaña, visitando o “Campo da Rata, o vello local do ateneo libertario “El Resplandor en el Abismo”, da Fonte Nova, o seu lugar de nacemento, e os lugares de Comeanda, Mazaído e O Couto (en Arteixo), onde apareceron os corpos dos amigos “paseados” do noso libreiro-poeta.
Debido á perda do amigo en xullo pasado, lembramos a súa memoria con este acto de recoñecemento público, que se celebrou no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia (R/ Médico Rodríguez, 2, A Coruña) ás 20.00 horas do serán do venres 31 de marzo de 2006.