Do 23 de setembro de 2003 ao 20 de novembro de 2003
Foto da actividade

A Asociación de Escritores en Lingua Galega sumou os seus esforzos aos de outras iniciativas editoriais e culturais neste ano de mareas negras coa publicación do libro colectivo Alma de beiramar (A Asociación de Escritores en Lingua Galega en contra da marea negra) ; este volume, concebido coma un berro unánime contra a catástrofe que viviu o noso mar e as nosas costas, foi editado en colaboración con A Nosa Terra, e os beneficios obtidos da súa venda serán cedidos íntegramente á Plataforma Nunca Máis. No libro colaboran un total de 84 escritores pertencentes á AELG, e nel mestúranse toda sorte de xéneros, dende poemas até relatos, pasando por artigos de opinión ou breves pezas de ensaio.

Pode acceder á totalidade do libro aquí.

Esta é a relación de colaboradores: Adolfo Caamaño, Agustín Fdez. Paz, Alexandre Ripoll, Amadeo Cobas, Ana Romaní, Antón L. Dobao, Antonio García Teijeiro, Bernardino Graña, Bieito Iglesias, Camilo Franco, Camilo Gonsar, Camilo Valdehorras, Carlos L. Bernárdez, Cesáreo Sánchez Iglesias, Chus Pato, Dora Vázquez, Eduardo Estévez, Emilio Xosé Ínsua, Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Fidel Vidal, Fran Alonso, Francisco Castro, Francisco Xosé Fernández Naval, Heidi Kühn-Bode, Henrique Rabuñal, Isidro Novo, Laura Caveiro, Lois Diéguez, Luis Rei Núñez, Luisa Villalta, Manoel Riveiro Loureiro, Manuel A. Torneiro, Manuel Forcadela, Manuel María, Manuel Vidal Villaverde, Marcos Seixo, Marga do Val, Mª do Carme Kruckenberg, Mª do Cebreiro, Marica Campo, Marilar Aleixandre, Marta Dacosta, Miguel Sande, Miro Villar, Nacho Taibo, Olga Patiño, Paco Souto, Paulino Pereiro, Pura Vázquez, Rafa Villar, Ramón Caride/Luís Mejuto, Raúl G. Pato, Roque Cameselle, Rosa Aneiros, Rosa Méndez, Teresa Seara, Vicente Araguas, Vicente Piñeiro González,Xavier Alcalá, Xabier Cordal,Xavier Costa Clavell, Xavier Lama, Xavier Seoane, Xela Arias, Xesús Pereiras, Xoan Neira, Xoán X. Fernández Abella, Xosé Abeal, Xosé Ballesteros, Xosé Estévez, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Xosé Leira, Xosé Luís Martínez Pereiro, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Xosé Mª Dobarro Paz, Xosé Miranda, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Vázquez Pintor, Xulio L. Valcárcel e Yolanda Castaño.

A AELG deu a coñecer este volume mediante un ciclo de presentacións públicas nas máis importantes cidades galegas. Este é o esquema do mesmo:


23 de Setembro - VIGO
Casa do libro (20:00 hs.)
Conducen o acto: Yolanda Castaño (Secretaria Xeral da AELG) e Carlos López Bernárdez (Vicepresidente da AELG)
Autores que interveñen no acto: Agustín Fernández Paz, Antonio G. Teijeiro, Bernardino Graña, Carlos López Bernárdez, Fran Alonso, Francisco Castro, Laura Caaveiro, Manuel Vidal Villaverde, Marga do Val, Marta Dacosta, Roque Cameselle e Xela Arias.

24 de Setembro - SANTIAGO DE COMPOSTELA
Galería Sargadelos (20:00 hs.)
Conducen o acto: Yolanda Castaño (Secretaria Xeral da AELG) e Euloxio Rodríguez Ruibal (Presidente da AELG)
Autores que interveñen no acto: Antón López Dobao, Bieito Iglesias, Camilo Franco, Chus Pato, Eduardo Estévez, María do Cebreiro Rábade, Marilar Aleixandre, Raúl Gómez Pato, Rosa Aneiros e Xoán Xosé Fernández Abella.

29 de Setembro - A CORUÑA
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (20:30 hs.)
Conduce o acto: Yolanda Castaño (Secretaria Xeral da AELG)
Autores que interveñen no acto: Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Fidel Vidal, Francisco Xosé Fernández Naval, Heidi Künh Bode, Luísa Villalta, Manuel Álvarez Torneiro, Manuel María, Marica Campo, Olga Patiño, Paco Souto, Xavier Seoane, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Xosé Luís Martínez Pereiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato e Yolanda Castaño.

30 de Outubro - PONTEVEDRA
Auditorio de Caixa Galicia - Café Moderno (20:00 hs.)
Conducen o acto: Yolanda Castaño (Secretaria Xeral da AELG) e Carlos López Bernárdez (Vicepresidente da AELG)
Autores que interveñen no acto: Adolfo Caamaño, Amadeo Cobas, Carlos López Bernárdez, Emilio Xosé Ínsua, Manuel Vidal Villaverde, Marcos Seixo, Ramón Caride Ogando, Xosé Vázquez Pintor e Yolanda Castaño.

11 de Novembro - FERROL
Galería Sargadelos (20:00 hs.)
Conducen o acto: Yolanda Castaño (Secretaria Xeral da AELG) e Henrique Rabuñal Corgo (membro da Directiva da AELG)
Autores que interveñen no acto: Alexandre Ripoll, Henrique Rabuñal Corgo, Nacho Taibo, Rosa Méndez, Xoán Neira, Xosé María Dobarro, Xosé Leira e Yolanda Castaño.

20 de Novembro - OURENSE
Librería Torga (20:00 hs.)
Conduce o acto: Cesáreo Sánchez (Membro das directivas da AELG e de A Nosa Terra). Vexa aquí a súa intervención.
Autores que interveñen no acto: Cesáreo Sánchez, Claudio Pato, Dora Vázquez, Francisco Xosé Fernández Naval, Pura Vázquez e Xulio López Valcárcel.