Do 22 de marzo de 2007 ao 23 de marzo de 2007
Para seguir dando oportunidades de formación aos/ás socios/as e profesionais do Dereito, contamos con oito conferencias e dúas mesas redondas onde os autores/as puideron obter respostas sobre un tema que tanto lles afecta.
Foto da actividade

   

Acto de inauguración das II Xornadas sobre a propiedade intelectual e o Dereito de autor/a, coa presenza do Reitor da Universidade da Coruña.

 

 O pasado ano a AELG organizou unha xornada para que os autores puidesen esclarecer, co asesoramento de persoas cualificadas, as dúbidas que teñan sobre este tema, co obxectivo de conseguirmos a súa progresiva profesionalización. Recollendo así unha vella demanda de información do mundo literario, de grande actualidade e interese para todos os axentes implicados no sector. A Asociación de Escritores en Lingua Galega quixo deitar algunha luz sobre un asunto que tanto preocupa a escritores e editores.
   Para seguir dando oportunidades de formación aos/ás socios/as e profesionais do Dereito, ampliáronse a dous días as xornadas, nas que contamos con oito conferencias e dúas mesas redondas onde os autores/as puideron obter respostas sobre un tema que tanto lles afecta, coa colaboración da Facultade de Dereito da UDC.

Vexa aquí a intervención do Presidente da Aelg, Cesáreo Sánchez, no acto de apertura.

Vexa aquí o programa das Xornadas.

Vexa aquí as actas das xornadas

Vexa aquí as conferencias da Xornada do pasado ano.