A Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co Servizo Galego de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, comeza o 22 de abril en Miño unha nova quenda de 6 obradoiros de creación literaria que levarán durante abril e maio outras tantas escritoras aos seguintes lugares:

Miño, 22 de abril, 19-21 horas: Emma Couceiro
Muíños, 2 de maio, 10.30-12.30: por confirmar
Abegondo, 5 de maio, 16-18 hoas: Pilar García Negro
Allariz, 8 de maio, 18-20 horas: Marta Dacosta
Redondela, 9 de maio, 19-21 horas: Elvira Riveiro
A Fonsagrada, 12 de maio, 19-21 horas: Mª Xosé Lamas

O obxectivo xeral é o de contribuír á dignificación da identidade feminina a través da literatura, colaborando na visibilización da obra das nosas escritoras,  reflexionando e demostrando a existencia dunha escrita feminina.